miércoles, 25 de marzo de 2015

Axudas 2015 a emigrantes retornados/as‏‎ emprendedores/as

Queremos informarvos que ata o 30 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados/as emprendedores/as, que poden chegar ata os 8.000 € e que son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, das que tamén se poden favorecer as persoas emigrantes retornadas.


Son, por tanto, unha oportunidade importante para todos/as aqueles/as que queiran ubicar fisicamente a súa empresa -ou abrir unha delegación da xa existente- na Galicia territorial.

Achegámosvos ligazón á web http://emigracion.xunta.es/node/25624 na que se pode atopar a información ao completo. Tamén tedes un resumo da información en http://emigracion.xunta.es/node/25622 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...